BARBERÍA AVELINO’S


Acondicionamento de local para barbería

Concebido coma un espazo para o cuidado masculino, nace a barbería Avelino’s no corazón de Teis.

Partimos dun antigo local adicado a venta de móbiles, que deberiamos adecuar a nova actividade para obter a correspondente licenza.

Debiamos facer unha obra mínima, xa que apremiaba abrir o local. Para isto, ampliouse o aseo para facelo accesible, demoleuse o tabique traseiro que reducía a sensación de amplitude e levaronse a cabo as instalacións necesarias de renovación de aire e fontanería para os lava cabezas.


Ficha técnica:

Avelino’s barbershop

Ano: 2021

Ubicación: Rúa Pedro Alvarado, 5. Teis (Vigo)

Arquitecta: Nuria Balboa Rodríguez

Constructora: por administración