Estrea serie “Un asunto privado”
Estamos de ESTREA!! tendes dispoñible na plataforma de Prime Video a serie “Un asunto privado”, da que tiven a sorte de ser a súa coordinadora de PRL/covid durante a súa rodaxe (9 meses moi intensos) entre 2020 e 2021.
A serie está protagonizada por: Aura Garrido, Jean Reno, Ángela Molina, Gorka Otxoa, Álex García, Tito Valverde, Pablo Molinero, Andrés Velencoso, Irene Montalá…
A serie, ambientada nos anos 40 en Galiza, trata dunha atrevida xove de clase alta con alma de detective, Marina Quiroga, proponse dar caza ó asasino en serie que actúa na cidade fai meses ca axuda do seu maiordomo, Héctor. Xuntos, loitarán contra tódolos obstáculos para logralo e superarán os prexuizos de xénero da época, a resistencia do novo comisario ou os intentos da nai de Marina por casala.
+info (tráiler): https://youtu.be/qsSauKdR0kQ