Participación na xornada “Impacto Positivo: unha alianza festivais-administración”
O día 21 de maio de 2022, tivo lugar a miña participación na xornada “Impacto Positivo: unha alianza festivais-administración” no marco da iniciativa “A cultura é un dereito”, comisariada por María Baqueiro.
Dentro desta xornada falamos sobre a importancia da xestión da Accesibilidade, Enerxía, Residuos, Auga e Patrimonio coma actores principais, e coma a vinculación das subvencións das Administracións nestes eidos, poden contribuír a unha maior sustentabilidade e cumprimento da Axenda 2030 dos festivais de música.
Tiven a honra de compartir mesa con: María Baqueiro (Pacto de Cultura Sustentable), Arancha Estévez (Pacto de Cultura Sustentable), Jone Pérez (A Greener Future), Pablo Galindo (Fundación Music for All), Nuria Díaz (EcoEvent) e Giada Calvano (Chloe Sustainability)
+ info: “Impacto Positivo: unha alianza festivais-administración”