VIVENDA UNIFAMILIAR EN AMES

Proxecto de vivenda de nova planta con piscina en Ames
Partindo das necesidades dunha parexa xove, configúrase unha vivenda que debe encaixar o seu estilo de vida, nunha parcela ubicada nun núcleo rural tradicional.
As limitacións iniciais da parcela, cunha pendente descendente dende a rúa, rodeada de vivendas e cunha construcción previa que precisa demolerse, convertéronse en aliados no seu deseño.
A idea de poder habitar esta vivenda ó longo dos anos e que poidese adaptarse a tódalas posibles necesidades e etapas da vida, condicionou o xeito de implantación na parcela, e na que a accesibilidade e a optimización do espazo útil era unha cuestión moi importante a ter en conta.
Unha das máximas á hora de proxectala, foi o aproveitamento da luz natural e o confort interior, polo que a distribución baséase en gran medida tanto no soleamento natural interior coma en tódolos fluxos de uso posibles e adaptabilidade dos espazos segundo as necesidades.
A fachada principal, ten un porche transparente no que poder aparcar ó vehículo en meses de intensas choivas e que á vez non impida a entrada de luz natural á vivenda. No interior, entramos a través dun vestíbulo que lévanos ó salón-comedor ou as zonas máis privadas coma son o baño, lavadeiro-tendedeiro e habitacións. Dividimos, por tanto, as zonas entre un uso diurno e un nocturno, que coinciden ca división das zonas máis privadas da vivenda.
Ó salón-comedor posúe grandes ventanais que conectan ó interior co exterior, onde situamos unha piscina ó mesmo nivel, de xeito que a barreira do disfrute ten a posibilidade de diluirse, ademais de deixar un amplo espazo tanto na parte dianteira coma na traseira de xardín e aparcamento de vehículos.



Ficha técnica:
Vivenda unifamiliar con piscina en Ames
Ano: 2022 (en fase de licenza)
Ubicación: Lugar de Pedras (Ames)
Arquitecta: Nuria Balboa Rodríguez
Renders: Tres Errede