TORRE DE VIVENDAS EN ARTEIXO

2° premio Schindler ETSAC

Este proxecto, que leva unha gran reflexión teórica respecto dos modos habitacionais e implantación dos mesmos, propon unha mirada contemporánea fundamentada na mestura de usos da torre de vivendas e a súa división interior. Dito isto, temos unha pranta de torres circulares unidas entre sí que xeran no seu interior e mediante modelos matemáticos unhas determinadas formas contínuas e mórficas que deben conter o programa habitacional e elementos verticais integrados (ascensores e escadas) que dan estabilidade ó conxunto.

A implantación dunha torre nun entorno industrial xustifícase grazas a búsqueda das grandes empresas en mostrar a súa solvencia mediante a creación de cidades para os seus traballadores.
Unha intervención que permite optimizar os recursos mediante a redensificación da población nun único punto cunhas necesidades semellantes, reducir a contaminación ó concentrar os desprazamientos, abaratar os custos e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. Trátase por tanto dun traballo de revisión do zooning, no que estúdianse as cidades sectoriais, a súa dependenza do sector servizos e produción dende unha óptica contemporánea e os seus modos de asentamento.
A implantación do conxunto de torres (cota +25,00m sobre o nivel do mar) faise nunha zona alta da parcela, como división entre a zona rodada de aparcamento e a zona peatonal de esparcemento. Deste xeito, o soleamento do mesmo é óptimo, tendo a súa vez unhas boas vistas a costa, o que favorécenos no interior das vivendas. A entrada á torre faise mediante un camiño pavimentado e cuberto por unha pérgola. O resto de accesos, fanse mediante as dinámicas persoais e os camiños que trázanse mentalmente ó longo da parcela, pero non previamente marcados.

É o círculo coma figura xeométrica, o que ten a mesma inercia e a mesma distancia ó centro en tódalas súas direccións, a representación dunha liña sen fin, a figura que menor resistencia ó vento presenta. É neste punto de partida no que a torre atomízase, divídese en varias torres unidas entre sí, dando espazos comúns que non rachan esta xeometría primitiva e optimizando tanto as vistas coma o soleamento das vivendas.
Dende o momento no que interveñen as convecións culturais pérdese a espontaneidade e a arquitetura alónxase da naturalidade da vida. Mais fundamental ca disposición do espazo en si, é a facultade de saberse libres para situar as cousas dun dentro del, para colocalas ó seu antollo. Iso é o difícil de entender para os arquitectos.
John Habraken, defende a participación do usuario na construcción da súa vivenda, polo que, proxéctase un soporte estable e fixo, o usuario ou grupo de usuarios, teñen que no proceso de habitar vai implícita a okupación, que non deixa de ser o acto de patrimonializar algo que foi proxectado por outro. A mente do arquitecto, que antecede ó proxecto, cédelle o testigo de una forma máis ou menos consentida ó que vai habitalo espazo para que éste o asuma coma propio.

A estrutura é aquelo que sustenta o edificio, unha parte fundamental a deseñar minuciosamente para que se comporte coma un todo co resto dos elementos ca integran. Neste senso, puxen a vista nas estruturas biométricas, aquelas nas que o esqueleto xera a forma final dun animal, buscando a maior optimización dos elementos e a súa vez que sexan o mais esbeltos posibles para conseguir aspecto de lixeireza. Búscase ademais o maior proceso de rapidez de montaxe, coma se fose un mecano no que, tendo as pezas básicas, simplemente teríamos que ensamblalas unhas con outras in situ e en seco, con dimensións que permitan o seu transporte sen necesidade de recurrir a camións especiais.
Estos principios trasladados ó proxecto, lévanme a dicotomía do tectónico e o estereotómico plantexada por Campo Baeza, tendo un sótano e cimentación de formigón (que sería o estereotómico) e o sistema de diagrid metálico na parte quente da fachada que conforma as diferentes torres (que sería o tectónico).

A idea de que ningunha liña sobre ou esté de mais, o xusto para poder distribuir e vivir e definirnos por coma nos movemos no espazo e que a súa vez que non sexa unha visión opaca, que permita a entrada da luz e a libre circulación do aire polo espazo, un exercicio no que o dentro e o fora dilúense e non hai unha liña divisoria clara entre unha e outra situación, deixando libre a súa vez o arco de visión periférico da propia vivenda, pero que a vez recórdanos a unha caverna, aínda que contemporánea, xa que o ser humano tende ó refuxio por instinto.