Obradoiro cerámico artesanal

Concebido coma un lugar de traballo e de impartición de clases de cerámica, nace Misoco, en pleno Casco Vello Alto de Vigo da man de Olalla.

Partimos dun local semi lóbrego e de dimensións reducida, onde debiamos incluir cabinas de forno e esmaltado, zona de traballo, zona de exposición e aseo. A distribución, resolveuse de xeito diáfano, tentando minimizar ó máximo a obra e as particións, obtendo deste xeito o máximo espazo dispoñible para traballar. A zona expositiva atópase á entrada e resólvese mediante estanterías de mínimo fondo.

MISOCO, conta co selo de Artesanía de Galicia e ademáis imparte cursos para tódolos niveis.


Ficha técnica:

MISOCO taller

Ano: 2021

Ubicación: Rúa Ferreiría, 37 (Vigo)

Arquitecta: Nuria Balboa Rodríguez

Constructora: Por administración