ENTRENAMENTO PERSOAL SERGIO SOUTO


Local para entrenamento persoal

Partimos dun local que tiña unha actividade comercial e era diáfano, polo que debiamos adaptalo as novas esixencias.

Para levar a cabo o proxecto, debiamos replantear as instalacións e dividilo para crear dúas clases diferenciadas e vestiarios adaptados no seu interior. Contamos polo tanto no seu interior cunha zona de máquinas, fitness e entrenamentos de forza e outra zona enfocada e acondicionada para actividades de chan coma ioga, hipopresivos, pilates ou boxeo. Fanse dous vestiarios diferenciados por sexos e adaptados que contan cadanseu con aseo, ducha, zona de taquillas e bancos para cambiarse. Todo o local será accesible, polo que contamos con pasillos amplos e zonas de xiro accesibles para sillas de rodas e rampas de acceso.

Na zona de entrada contamos ademais cunha zona diferenciada para a consulta de nutricionista titulada, outra das especialidades que oferta Sergio Souto para mellorar a condición física.


Ficha técnica:

Entrenamento persoal Sergio Souto

Ano: 2021

Ubicación: Estrada pola Vía, 116 (Nigrán)

Arquitecta: Nuria balboa Rodriguez

Constructora: Esteban Meira Construcciones /Instalacions eléctricas Raúl Souto