AMPLIACIÓN E REHABILITACIÓN ESCOLAS ‘EUSEBIO DA GUARDA’

Con Gumersindo Freire López na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
Accésit premio Iacobus 2007 e I Premio de la ETSAC (Presentado en Clermont-Ferrand, Francia)

O proxecto parte dunha serie de circunstancias que configuran unha situación de partida complexa, na que interviñan unha parcela de forma e dimensións moi difíciles de abordar, a presenza de dous edificios históricos con diversos engadidos que debían ser arranxados e unha fachada ó mar que formaba parte ó mesmo tempo da imaxe da cidade.

A estratexia a seguir, será plantexar a ocupación total da parcela, que permite unha serie de vantaxes: todo o programa é accesible fácilmente e desenrólase principalmente en horizontal, a pranta baixa libérase e anúlanse os puntos conflictivos de encontro dos edificios, o volume proxectado ten pouca altura e deixa que o edificio antigo asome ó mar, a fachada é un telón homoxéneo con liberdade para actuar sobre él… Coma consecuencia deste plantexamento, xorden unha serie de ocos que darán luz ó interior, os verticais aparecerán coma patios e os horizontais coma grandes miradores, aunando vistas e soleamento.