Participación no III Encontro Profesional de música Galiza-Portugal
O pasado 30 de setembro de 2022, tiven a oportunidade de participar no Faladoiro “Riscos laborais nos eventos musicais (PT-GZ): diferenzas e semellanzas”
Agradecida as compañeiras de MUMI (Músicas no Minho) por contar conmigo para este faladoiro sobre riscos laborais en festivais de música e as súas diferenzas entre Galiza e Portugal.
O que ía ser unha conversa a dous, rematou sendo unha charla pola miña parte sobre a miña investigación do doutoramento na materia e a miña experiencia traballando no eido musical.
Sorprendida gratamente ademáis pola asistencia e a rolda de preguntas. Que o ISSGA asista a unha das miñas charlas dame unha pista de que moito non me estou trabucando ![]()
.
Ogallá máis información sobre riscos que aclare dúbidas, para calqueira cousa xa sabedes onde atoparme ![]()
![]()