O estudo de Arquitectura e Urbanismo Nuria Balboa ubícase nun lugar privilexiado, fronte a Casa Consistorial do concello de Nigrán.
Este espazo, leva aberto dende a década dos 60, orixinariamente coma sastrería e pañería selecta ‘Marrogui’, fundada polo seu propio avó materno e polo que pasaron a maior parte da veciñanza do Val Miñor.
O traballo manual, adicado e preciso dos traxes, combinando texturas e cores ten moito de arquitectónico, ensinando a súa neta o valor do traballo cas mans e os diferentes materiais.
Este coñecemento adquirido, mestúrase cas visitas a obra e debuxos do seu avó paterno dende que ten uso de razón. Moisés, foi un constructor que contaba cun excelente equipo de canteiros e encofradores, e que chegou a traballar con grandes arquitectos coma Xosé Bar Boo
Nuria Balboa Rodríguez, Arquitecta pola Escola Técnica Superior de A Coruña e Master en Prevención de Riscos Laborais pola UVigo, comeza a súa andadura coma profesional independente en 2018, recollendo e mesturando a tradición cas técnicas e normas contemporáneas.
O interés pola mellora do traballo lévaa a seguir formándose tanto no eido arquitectónico coma no cultural, desenrolando o seu traballo nestes dous ámbitos.
A labor de acompañamento ó longo do proxecto e execución do mesmo é fundamental, xa que o proceso non é só material, senón tamén emocional e vital. Adáptase cada proxecto ás necesidades dos seus usuarios de xeito individualizado, facendo polo tanto un ‘traxe arquitectónico’ a medida.
Actualmente o estudio conta con proxectos de nova pranta, urbanismo, rehabilitacións e xestión técnica de eventos.