Iberian Festival Awards 2023
Onte, foi unha honra poder recoller o premio ó mellor Festival Indoor Español ó Festival WOS X SON Estrella Galicia en nome do seu director, Iván Arias, nos Iberian Festival Awards que tiveron lugar en Maia (Portugal).
Un festival que recorre 12 espazos diferentes en Santiago de Compostela, ó longo de 4 días, cunha equipa incrible detrás e do que teño a sorte de formar parte coma técnica redactora do proxecto, plan de emerxencias e coordinadora de prevención de riscos.
Por outra banda e non menos importante, a obtención do premio a Igualdade ó Festival Sinsal SON Estrella Galicia, recollido polo seu co-director Julio Gómez e as 3 nominacións do Son Rias Baixas, festivais dos que tamén formo parte.