Formación continua

Onte, día 21 de decembro e para pechalo ano 2023, tivemos a oportunidade de asistir as II Xornada Profesional da Industria Musical, organizada por AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) na Cidade da Cultura en Satiago de Compostela.

Os tres bloques formativos abranguiron dende a sustentabilidade, normativa e financiación dos concertos e festivais e que foron impartidos pola equipa de Gabeiras & Asociados, despacho especializado no eido cultural e ubicado en Madrid.

Sen dúbida, aprendimos moito e puxemos en común tódolos atrancos normativos, de interpretación da normativa e as oportunidades que existen hoxe en día de mellora de sustentabilidade e financiamento.