Xestión Técnica de Eventos

Entender o mundo da cultura dende dentro, é fundamental para traballar tanto no deseño coma na súa xestión normativa. Dende o estudio, facemos a xestión técnica completa dos eventos: solicitude de licenzas de actividade, autorizacións sectoriais (portos, costas, augas, medio ambiente, patrimonio…), proxecto técnico, certificación de estruturas, coordinación de seguridade e saúde, plans de emerxencia e autoprotección, localizacións, deseño, asesoramento…

A confianza depositada en nós ano tras ano das Administracións, promotores e empresas musicais avalan o noso traballo e dannos a motivación para seguir mellorando e formándonos día tras día.

Formamos parte da: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Asociación Portuguesa de Festivais, Asociación MIM (Mulleres da Industria da Música) e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais)


Algúns dos eventos dos que formamos parte:

  • Festival Sinsal SON Estrella Galicia
  • SON Estrella Galicia Posidonia
  • Festival WOS X SON Estrella Galicia
  • Festival Sonrias Baixas
  • O Marisquiño
  • Noites do Porto
  • Wake Up & Dream
  • Castanhazo Rock
  • ‘Nova Normalidade’ de La Fura Dels Baus
  • Series TV para Amazon Prime Video
  • Resurrection Fest
  • O Son do Camiño
  • Tsunami Xixon
  • Xiras de artistas: Amaral, Ricky Martin, Hombres G, Natos & Waor…
  • Eventos para o Concello de Vigo: Entroido, Cabalgata de Reis, San Silvestre…

*Todas as fotografías publicadas están suxeitas a dereitos de autor